Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luis Gonzalo Segura: “A ultradereita considera o exército como o seu refuxio”

segura

O extenente Gonzalo Segura aborda no seu novo libro “El ejército de Vox” a presenza da ultradereita no exército español, algo que xa se sabía e que queda patente cando se analizan os resultados das eleccións e se observa que naqueles colexios electorais en cuxas inmediacións hai ubicadas bases, comandancias e vivendas militares os resultados electorais de Vox están por riba dos obtidos noutros entornos. Segura presentará este libro este venres día 22 ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira convidado polo Colectivo Republicano de Redondela.

Expulsado do Exército por denunciar a corrupción dentro das Forzas Armadas españolas, o extenente Luis Gonzalo Segura continúa coa súa cruzada coa publicación dun novo libro que este venres presenta en Redondela. Logo de títulos como “Un paso al frente” ou “EL libro negro del ejército español” chega agora “El ejército de Vox” onde denuncia a presenza e o poder da ultradereita dentro das filas militares. Bota man dos datos para establecer “unha relación clara, directa e irrefutable entre as forzas e corpos de seguridade do estado e a formación de ultradereita”. Algo que di, xa se sabía e queda máis que constatado con 50 episodios ultradereitistas que se teñen documentado nos últimos 20 anos.

Un exército que se ten convertido nun refuxio da ultradereita por dúas cuestións fundamentais, explica Segura “hai unha filia entre a dereita e a ultradereita polo exército e iso non é unha anomalía porque o atopamos noutros países” a diferenza é que “no caso español non se expulsa a eses elementos de ultradereita mentres que si se castiga aos demócratas”.

Un exército que se ten modernizado pero insiste “é preciso recalcar que iso non se traduce en que se teña democratizado”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará