Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER propón unha exposición colectiva para implicar á cidadanía contra a violencia de xénero

25n

A Agrupación de Electores de Redondela remitiu ao Consello da Muller unha proposta de accións para desenvolver nos vindeiros meses co obxectivo de implicar aos cidadáns contra a violencia de xénero, nas portas do 25N. Trátase dun plan de dez iniciativas entre as que destaca unha mostra colectiva, baixo o lema “Redondela rexeita a violencia machista”, e na que participarían centros educativos, sociosanitarios, residenciais ou de atención diúrna de maiores, asociacións ou centros culturais, co fin de involucrar aos cidadáns a tomar parte nela. As mensaxes e ilustracións feitas polos redondeláns dentro desta acción formarán parte dunha exposición colectiva itinerante polas sedes sociais e culturais do concello de Redondela.

Asemade, a agrupación defende outras actividades co fin de chegar a toda a poboación adaptando a mensaxe segundo a idade do público. Así, propón, para adolescentes, a edición de vídeos curtos para sensibilizar sobre a desigualdade da muller, a educación emocional ou sexual para adolescentes, ou a educación para a igualdade e non discriminación en todos os centros educativos e, especialmente, nos IES. Tamén nos centros, AER propón charlas e ciclos de conferencias nas que se traballe o pensamento crítico e previr situacións de desigualdade a causa do xénero así como un concurso de graffitis cunha mensaxe feminista para proxectar en espazos públicos.

Para os máis pequenos, a proposta inclúe contacontos con base feminista que formen parte dun programa na biblioteca municipal.

E dirixido para toda a poboación, pequenas intervencións e mostras co obxectivo de previr situacións como a explotación sexual das mulleres, micro machismos, violencia dixital, etc.

AER pide, ademais, que o Concello de Redondela forme parte na campaña “En negro contra as violencias” e se desenvolva unha enquisa sobre a violencia machista no concello de Redondela para avaliar a realidade e axude a levar futuras accións para erradicar a violencia contras as mulleres. Por último, a agrupación propón programación especial en clave feminista en Radio Redondela durante o mes de novembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará