Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Autónomos e Pemes poden solicitar ata o 15 de novembro axudas para paliar os efectos da pandemia

BarRoyalty

O Concello de Redondela abre, coa axuda da Deputación, unha nova liña de axudas para persoas autónomas e pequenas empresas afectadas pola pandemia. Esta é a terceira liña de axudas que abre o Concello para paliar os efectos producidos pola Covid-19 no tecido comercial e empresarial e está dotada con 85.200 euros.

O obxecto destas subvencións “de moi doada xestión por parte das persoas interesadas” segundo explicou a Concelleira María Castro, é paliar a diminución ou paralización de actividade que a crise sanitaria provocou a autónomos, microempresas e pequenas empresas con domicilio fiscal e local comercial no termo municipal de Redondela durante este ano.

María Castro, Concellería de Facenda

A Deputación aprobou no seu momento para Redondela, dentro da liña 2 do Plan Concellos, 85.200 euros que agora o Concello destinará aos sectores máis afectados pola pandemia que poderán financiar gastos de alugamento, cota de persoas traballadoras autónomas, a electricidade e os seguros. O prazo de solicitude rematará o vindeiro 15 de novembro.

Trátase, explica a concelleira de Comercio, María Castro, “de continuar adoptando medidas que permitan paliar o impacto económico provocado pola Covid-19 e que contribúen a preservar o tecido económico redondelán”. De feito, a nova liña de subvencións non deixa de ser un xeito de protexer os intereses xerais da veciñanza de Redondela “ao dar soporte ás persoas traballadoras autónomas, microempresas e pequenas empresas”.

Lembran dende o Concello que en decembro do 2020, nunha primeira convocatoria, concedíanse un total de 72 axudas por importe superior a 42.000 euros e tan só un mes despois, en xaneiro do 2021, outorgábanse outras 32 subvencións, esta vez dirixidas especificamente ao sector da hostalaría, por máis de 9.600 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará