Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos investirá 2,2 millóns de euros no saneamento da parroquia de Borbén

pazos

A actuación chegará aos catro barrios da parroquia e dará servizo a máis de 300 vivendas

O proxecto contempla un investimento total de case 2,2 millóns de euros para a creación dunha rede de saneamento e depuración de augas residuais que poida dar servizo aos máis 570 veciños dos barrios de Mosteiro, Cuartos de Borbén, Pousiño e Sequeiros.

O estudo de alternativas comprendía tres posibles opcións para a instalación da rede de saneamento nos catro barrios. Cada opción estaba xustificada segundo diversos criterios e incluía a valoración económica da súa instalación e dos gastos derivados no futuro, polo que resultou escollida a opción que menor gasto supuña para as arcas municipais a longo prazo, tendo en conta a previsión de gastos de mantemento e explotación da rede.

Así o barrio de Mosteiro sería o que necesitaría un maior investimento, chegando aos 650.000 euros. Do mesmo xeito, o saneamento do barrio de Cuartos de Borbén suporá 600.000 euros de custo, o de Pousiño os 550.000 euros e o de Sequeiros os 375.000 euros. En total o investimento para toda a parroquia alcanza os 2.175.000 euros.

O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igrexas, destacou a envergadura do proxecto para un municipio do seu tamaño, polo que xa iniciou conversacións para obter a colaboración doutras institucións para o seu financiamento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará