Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local pon data ao inicio das obras de reposición da AP-9: primeiro semestre do 2022

trasmañó

Así o anunciaba a voceira do PSOE, María Castro, quen engadía que antes de que acabe o ano tamén está previsto que se dea a coñecer o proxecto de pantallas acústicas para a parroquia de Chapela.   

O anuncio tiña lugar no último pleno municipal no debate dunha moción presentada pola Asociación de Afectados pola AP-9 a través do PP na que solicitaban a convocatoria de xeito urxente da comisión de seguimento das obras da AP-9  “incluíndo na orde do día prazos de execución de reposición de viais Chapela e ampliación da Ponte de Trasmañó” así como confirmar se o proxecto e pantallas acústicas está xa redactado.

Un longo debate no que os nacionalistas, malia apoiar que se convoque esta comisión, salientaban a súa relativa utilizade e criticaban que nin PP nin PSOE teñan presentado iniciativas ao respecto no Congreso. Neste sentido o edil do BNG, Xoán Carlos González, lembraba que o seu grupo si o fixo e alertaban sobre a sospeita “de que as pantallas acústicas previstas para Chapela vaian ser de formigón”. Motivo polo que xa presentaron unha proposición non de lei e varias preguntas para coñecer como está esta cuestión e reiterarán no Parlamento “que se dote a esta parroquia de pantallas acústicas co menos impacto posible”.

Xoán Carlos González, BNG

Un tema que preocupa especialmente ao Agrupación de electores segundo explicaba Roberto Villar, quen si falaba de pantallas de formigón “porque as de metacrilato non son efectivas”.

Roberto Villar, AER

Ante as críticas aseguraba a edil socialista María Castro, que o Ministerio aceptou introducir nesa adenda “todas e cada unha das demandas presentadas polo concello” nun proxecto que está en redacción e que se presentará antes de que acabe o ano, o que suporía que as obras arrancasen no primeiro semestre do 2022. Sobre as pantallas acústicas negou que vaian ser de formigón.

María Castro, PSOE

A edil do PP, Carmen Amoedo, criticaba a falta de transparencia do goberno local quen leva meses sen convocar a comisión de seguimento e sen dar conta aos veciños das informacións que manexan.

Carmen Amoedo, PP

Respondía Castro asegurando que na súa intención está convocar a comisión de seguimento en canto os colectivos nomeen aos seus representantes “porque hai algún que non o fixo e o propio PP fíxoo a finais de outubro”.

A moción saíu aprobada por unanimidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará