Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Desaprender para coeducar”, xornadas en igualdade na Escola Infantil de Cesantes

anpa cesatnes

A ANPA da EEI San Pedro de Cesantes organiza este sábado día 6 de novembro en horario de 10:45 a 14:00 horas unha xornada de formación en Igualdade aberta a familias, docentes e crianzas. Haberá dous espazos simultáneos, un para persoas adultas a cargo de Priscila Retamozo e un obradoiro de creación para as crianzas coa Cooperativa Miudiño. As persoas interesadas teñen que inscribirse en anpa.sanpedro@gmail.com. Tamén se poderá seguir as sesión para adultas pola canle de youtube da ANPA da EEI San Pedro.

A politóloga e formadora en igualdade de xénero Priscila Retamozo conducirá varias sesións de formación sobre feminismo, igualdade e coeducación baixo o título “Desaprender para coeducar”. Un título que busca visibilizar que non é cuestión de aprender novos conceptor senón de desaprender os prexuizos que imos adquirindo ao longo dos anos porque “todos nacemos todos cunha idea de igualdade que logo imos perdendo con prexuizos construídos conforme imos medrando”

Malia que é optimista “porque é obvio que imos avanzando” tamén alerta de que o machismo e a desigualdade segue presente a través de discursos novos: as novas tecnoloxías, os videoxogos, a música, os disfraces de Haloween… ao final seguen manténdose estereotipos con “nenas e mulleres hipersexualizadas e unha masculinidade moi tóxica”

De todos isto falarase nun taller que se prolongará durante toda a mañá do sábado e que non só será teórico senón que permitirá a pais, nais e docentes facerse con algunha dinámicas que logo poderán trasladar as súas vivendas ou as súas aulas para exercer unha educación igualitaria onde nenos e nenas poidan desenvolverse con igualdade.

Para as crianzas, a cooperativa Miudiño organiza un obradoiro de creación que se celebrará de forma simultánea á formación de persoas adultas. Miudiño está especializada na infancia, natureza e patrimonio cultural. Cunha ampla experiencia en obradoiros, formación e produción de espectáculos, os seus diversos produtos promoven un estilo de vida sostible, respectuoso e saudable na sociedade.

Unha activiade que forma parte dun programa denominado “Escola para a escola” de formación non formal para familias, docentes e crianzas que a Anpa do EEI San Pedro arrancou o anos pasado e que pretende achegar especialistas de temáticas de interese para a comunidade escolar até o centro. A primeira edición tivo como eixo o patio escolar e, desta vez, será a coeducación e a igualdade as protagonistas.

As xornadas de formación están subvencionadas pola Consellaría de Emprego e Igualdade e celebraranse nas instalacións da propia EEI San Pedro de Cesantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará