Hoxe falamos con Teresa Estévez Lamas, farmacéutica que rexenta a botica de Vilar. No seu traballo non se limitan a despachar medicamentos, senón que tamén escoitan e aconsellan aos seus clientes “que xa son como da familia”. Desde marzo do ano pasado, por mor da pandemia, este labor de asesoramento incrementouse “sobre todo coas persoas maiores, que tiñan medo e tiñamos que informalos e tentar tranquilizalos”, explica Teresa.
Nun sector no que a maioría son mulleres, Teresa nunca sentiu discriminación “nin na Facultade nin no traballo”, e amósase satisfeita de que cada vez se sumen máis homes.
Esta sección realízase en colaboración coa concellería de Igualdade, para dar voz a mulleres de Redondela, para facer visible o seu traballo e as súas inquietudes.