Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alfredo Almeida: “O Atl. Villar non renuncia a nada”

VilarAlfredo

O Villar sumou o pasado domingo a súa primeira vitoria da temporada na Segunda Galicia. Foi na terceira xornada de liga cun 3-2 ante o Salvaterra, un dos equipos chamados a pelexar pola fase de ascenso. O equipo redondelán deu mostra unha vez máis a súa capacidade goleadora. Unha faceta, a ofensiva, da que se amosa satisfeito o adestrador, Alfredo Almeida, quen recoñece que teñen que mellorar no aspecto defensivo “xa que estamos a encaixar goles en todos os partidos”. O equipo ten que ir adaptándose á competición e mellorando logo de máis dun ano sen competición.

Alfredo Almeida, adestrador do Atl. Villar

Logo de sumar os primeiros tres puntos, que supoñen un punto de inflexión para o equipo, o club mantén o obxectivo da permanencia, se ben o técnico non renuncia “a nada”. Afirma Almeida que o mellor xeito de acadar a salvación é estar “na parte alta da táboa”.

O obxectivo do club é a permanencia na Segunda Galicia, pero Almeida non renuncia “a nada”

O próximo partido será no campo das Neves, pechacancelas do grupo, pero o técnico non se fía. Rexeita o cartel de favorito e asegura que nesta liga, logo do paro da temporada pasada pola pandemia “pode haber moitas sorpresas”. Advirte que será unha campaña moi igualada “na que podes perder ou gañar contra calquera equipo”. Por iso sinala que viaxarán ás Neves con moito respecto polo rival e “concentrados en facer un bo xogo para traer os tres puntos”

O próximo rival do Villar será As Neves, pechacancelas do grupo
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará