A subida do gravame aos grandes suxeitos pasivos suporía un ingreso extra de cerca de 55.000 euros para as arcas redondelás
A Agrupación de Electores de Redondela, solicitará ao pleno do concello que se aprobe unha actualización do imposto de Bens de Características Especiais (BICE) co fin de non continuar perdendo uns ingresos necesarios para as arcas municipais deste concello.
No ano 2018, este gravame só experimentou unha subida no que respecta ás autoestradas, estradas e túneis de peaxe. Pero, lamenta a Agrupación de Electores, desde entón non se aprobou na citada ordenanza unha subida ao resto deste tipo bens entre os que se atopa Portos ou o Aeroporto de Peinador, entre outros grandes suxeitos pasivos. En total, segundo os cálculos da agrupación asamblearia, o Concello estaría deixando de ingresar uns 55.000 euros anuais.
Esta non é a primeira vez que AER insta ao Concello a actualizar este imposto sobre o que propón unha subida de ata o 1,3 por cento neste tipo de bens, principalmente, o que respecto a Portos e Aeroportos.