Os últimos datos comunicados pola Consellería de Sanidade falan de 65 casos activos no noso concello, o que supón un incremento exponencial respecto de hai tan só unha semana cando o número de positivos roldaba os 20 casos, ou hai un mes cando a incidencia era residual.
A evolución nos últimos tres días pode dar pistas do empeoramento en canto ao número de infectados xa que pasamos de 46 casos o xoves, a 58 positivos o venres ata chegar ao 65 contabilizados onte.
Lonxe quedan os máis de 200 casos que se contabilizaban no pasado mes de agosto, pero o incremento no número de positivos apuntan unha tendencia moi negativa nas últimas xornadas.
Situación semellante a que se vive en toda a área sanitaria de Vigo e, en xeral, en toda Galicia onde sobe a presión hospitalaria en planta e na UCI con case 4.800 infectados -383 máis nas últimas 24 horas- e 10 ingresados máis por coronavirus.