O incremento no número de persoas contaxiadas por coronavirus continúa imparable no noso concello. Son xa 146 os positivos por Covid-19 segundo os últimos datos do Sergas, nunha Ponte da Constitución na que a evolución da pandemia segue a alza, medrando de xeito imparable dende hai dúas semanas. Se sete días atrás a cifra ascendía a 70 positivos (datos do 28 de novembro) unha semana despois os números falan de máis do dobre de casos activos.
Un empeoramento na situación do coronavirus que é común a toda a comunidade. Galicia experimenta un novo incremento con 696 novos casos. Os datos continúan coa tendencia negativa dos últimos días e xa son 8.591 as persoas co virus.
Aumenta tamén a presión hospitalaria, con 14 ingresados máis en planta e os mesmos en UCI. Os hospitalizados totais aumentan de 223 a 237.