Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alberto Suárez rescata un punto para o CD Choco

ChocoVilalbes

Terceira División

RC Vilalbés 1-1 CD Choco

O equipo redondelán sumou un empate (1-1) ante o RC Villabés, logo de que o conxunto visitante se adiantase cun gol de Pedrosa no primeiro tempo. Suárez conseguiría o empate a 10 minutos do final.

Desde o comezo do partido os de Juan Amoedo xa mostraban a súa intención de facturar o tres puntos da xornada, cun centro de Toni Armada un pouco longo ao que non chega ninguén para rematar. Tras os primeiros compases do encontro, o bloque redondelán facíase co control do xogo e a posesión do esférico pero sen crear perigo na área rival defendida por Rumbo. Mentres tanto o RC Vilalbés esperaba repregado á espera de atopar unha oportunidade nalgunha contra. Un tiro frouxo de Otero parouno Cortegoso sen maior problema. A seguinte ocasión chegaría de maneira consecutiva por medio dunha xogada a balón parado, unha falta que marchou por encima do traveseiro. Seguía dominando o Choco pero un erros permitiu o primeiro tanto do RC Vilalbés. Nun saque de banda rápido Pedrosa adiantou aos seus no marcador. Co 0-1 chegaría o final do primeiro tempo. Despois do tempo de recreo, comezaría a segunda parte co mesmo guión da primeira. Nos primeiros minutos chegou a ocasión local, nesta ocasión con tiro de Comis que atalla Rumbo. A seguinte ocasión, no 64, chegaría a balón parado, unha falta executada por Hugo Sanmartín que se lle vai alta. E no minuto 81 apareceu Alberto Suárez para, cun tiro desde a frontal da área, bater a Rumbo e subir o empate ao marcador. A resposta por parte do Vilalbés non se faría esperar tras o saque de centro cunha contra que atallou Cortegoso. Despois destas dúas xogadas non se produciron máis chegadas, rematando con empate no Municipal de Santa Mariña. O Choco, que agora é 13º, visitará o domingo o campo do Noia (15º)

Primeira Galicia

Moraña 1-0 Arcade. Na próxima xornada Arcade-O Grove

Segunda Galicia

Atl Vilar 2-4 Cañiza

Marín 4-2 Cesantes

Domaio 4-2 Soutomaior

Na próxima xornada: Xinzo-Vilar; Soutomaior-Cruceiro: Cesantes descansa

Fútbol Sala

Terceira

Campito 5-3 Pizarras

Na próxima xornada os de Chapela xogan na pista do Troula Betanzos, cun novo duelo entre os equipos da parte baixa da táboa na pelexa por evitar o descenso

Preferente Sur

Arealonga 3-4 Cereixa

Empezaron mal os de Chapela, perdendo a primeira parte 0-2. Á saída do descanso saíron mellor, e déronlle a volta ao marcador. Pero nos últimos minutos o Cereixa empatou e no último suspiro, marcáronlle o gol da vitoria.

Gondomar 3-8 Redondela

Triunfo importante para o conxunto redondelán, que segue na pelexa por manterse nos postos altos da táboa

Pazos de Borbén 10-1 Cios Vigo Mondariz

Oitava vitoria consecutiva do equipo de Amoedo, que o afianza no liderado .

Na próxima xornada: Redondela-Verín; UD Coles-Arealonga; Valladares-Pazos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará