Hoxe falamos con Rita Sobral, odontóloga redondelá á que a profesión lle vén por tradición familiar. Desde nena acudía á clínica da súa nai e sempre amosou interese por esta especialidade sanitaria. Nun sector no que cada vez son máis as mulleres, Rita afirma que nunca sentiu discriminación “nin nos estudos nin no traballo”. O trato cos seus pacientes é tamén moi positivo, e sinala que moitos “coñécenme desde nena”. No centro onde traballa coidan a saúde bucodental dos seus pacientes e fan tamén un importante traballo de prevención do cáncer oral.

Onda Torrella: Tríos de Jazz con Nacho
Boas ondas, Torrellas! Esta semana, no podcast musical da radio municipal, Onda Torrella, temos de volta ao gran Nacho como convidado para mergullarnos no fascinante mundo do jazz. Hoxe, Nacho