A Biblioteca Xela Arias e a Escola de música celebran este venres, Día da Edición no Calendario do Libro e da Lectura de Galicia, un concerto homenaxe a escritora Xela Arias. Celebrarase o día 17 ás 20:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego.
As Bibliotecas Municipais de Redondela consideran esta data moi significativa arredor da figura de Xela Arias, escritora que desenvolveu unha labor moi importante a prol da edición na nosa lingua dende o seu traballo no selo Xerais. Para festexar esta efeméride e pechar así o calendario de actividades que temos desenvolvido este ano a carón da homenaxeada do Día das Letras Galegas organizan en colaboración coa Escola de Música da parroquia un pequeno e moi emotivo concerto co seu alumnado.
Arrancará o acto coa proxección do vídeo Buscando a Xela, que realizou para a biblioteca a actriz e contadora Raquel Queizás. A continuación terá lugar o concerto, que estará formado por tres grupos de cámara. Interpretarán diferentes temas en homenaxe a Xela Arias, con arranxos musicais de Andrés Álvarez, director da Banda de Música de Chapela, ademais dun tema de composición propia.
A cita é o venres 17, ás 20:00 h. no auditorio do Multiúsos de Chapela. A entrada será libre, ata completar as localidades.