Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodosa Chapela busca “confianza e tranquilidade” para seguir sumando

ChapelaMiguel

Logo de doce xornadas de liga na Primeira Nacional, o Rodosa Chapela é o pechacancelas do grupo. Pouco ten que ver o actual equipo co das campañas pasadas, con cambios no corpo técnico e tamén no equipo. O adestrador, Miguel Sánchez, lembra que dos 16 xogadores que compoñían o grupo a pasada temporada “non había ningún cando comezou a liga”. O conxunto foise configurando con rapaces da canteira, xogadores moi novos “con moita ilusión pero pouca experiencia”. Logo foron incorporándose algúns efectivos máis, cos que o equipo gañou veteranía “e notouse o cambio”, sinala Sánchez.

Miguel Sánchez, adestrador do Rodosa Chapela

O adestrador agarda que xornada tras xornada o equipo poida ir gañando “a tranquilidade e a confianza necesaria” para que os xogadores mais novos poidan dar o mellor de si. A pasada fin de semana o Rodosa Chapela sumou o primeiro punto da temporada. Logo de quedar ás portas a pasada xornada ante o Galdar Gran Canaria, os de Chapela sumaron un empate en Coia con sabor “agridoce” logo de ir por diante no marcador ata os últimos minutos.

A BM Chapela téñense escapado varias vitorias nos últimos minutos

Esta fin de semana reciben en Chapela ao Carballal. Outro derbi comarcal que afrontan “con moita ilusión” e con necesidade de sumar “xa que cada vez queda menos para rematar a primeira volta”. O técnico pídelle aos xogadores “dar un pouco máis ”, e sinala que é necesario “estar ao cen por cen como colectivo”.

Esta fin de semana reciben no González Soto ao Carballal

A piques de rematar a primeira volta, e o obxectivo da permanencia pasa por sumar cando menos cinco puntos, polo que lle farían falta dúas vitorias nas tres xornadas que quedan.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará