Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manifestación para demandar o arranxo das estrada entre Amoedo e Os valos

ep2702

A “Plataforma pola mellora da EP2702” convoca este protesta que se desenvolverá este sábado día 18 de decembro ás catro da tarde. Partirá dende a igrexa de Cepeda e rematará no cruce do “transformador” en Nespereira. Os membros da plataforma  confían en que a veciñanza se mobilice logo de que o alcalde, Andrés Iglesias confirmase a súa negativa a conseguir os terreos para que a Deputación poida acometer as obras.

O movemento veciñal apunta que hai un gran malestar entre os veciños ante “a nula implicación do Concello para levar adiante a tan necesaria mellora da estrada que une Amoedo e Os Valos, pois non falamos dunha obra ornamental, falamos de que está en cuestión a seguridade das persoas que fan uso desta vía e das que viven pegadas a ela”.

Iván Rodríguez

Lembran que a Deputación, titular desta vía está disposta a acometer as obras de mellora pero demándalle ao Concello de Pazos de Borbén que consiga os terreos para poder realizar eses traballos.  Con todo, “no último Pleno o Alcalde afirmou que o Concello non vai poñer un duro e só se compromete a axudar nos trámites para as cesións dos terreos”.

Insisten en que o concello si ten viabilidade económica para facerse cos terreos necesarios e entenden que todo responde a “unha falta de vontade política”.

A Plataforma anima a todas as persoas que fan uso desta vía a acudir a acudir a esta protesta para obrigar ao Concello a atender unhas demandas “que son xustas, moi necesarias e máis que razoables”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará