Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un novo punto limpo móbil facilitará a reciclaxe selectiva en Pazos de Borbén

Pazospuntolimpo

Pazos de Borbén conta cun novo punto limpo ambulante para dar servizo a todo o municipio. O obxectivo desta iniciativa é dar a posibilidade aos veciños de todos os barrios e parroquias de depositar de maneira axeitada aqueles residuos que non poden ser arroxados aos colectores habituais. O novo punto limpo móbil disporá dunha ruta que percorrerá periodicamente as oito parroquias do municipio para garantir o acceso a este servizo. Para iso establecerase un calendario completo que estará dispoñible na páxina web e nas redes sociais municipais. Neste punto limpo móbil os veciños poderán depositar residuos como pilas, aceites, cartuchos de tinta e tóner, fluorescentes, así como pequenos electrodomésticos e outros residuos de pouco volume e difícil reciclaxe. Para os obxectos de gran tamaño seguirase utilizando o servizo de recollida de voluminosos.

O modelo de punto limpo móbil seleccionado é o dun colector metálico de 25m3, con varias bocas para depositar os residuos, montado sobre unha plataforma rodante para facilitar o seu traslado periódico. Como complemento á instalación do punto limpo e para fomentar a cultura da reciclaxe entre a poboación, o Concello de Pazos de Borbén puxo en marcha unha campaña de concienciación entre os escolares do municipio que consistiu en varias charlas explicativas sobre como refugar os residuos domésticos máis habituais. Outra das vantaxes da posta en servizo deste punto móbil é a súa capacidade para reducir as verteduras ilegais. “Falamos de obxectos e sustancias moi contaminantes e perigosas”, apunta o alcalde Andrés Iglesias, “como aceite usado doméstico e de coche, pinturas, disolventes ou pilas”. Sinala que “todo o que podamos reciclar e evitar que chegue onde non debe, será unha vitoria para todos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará