Preferente Sur
Redondela Maramar 8-2 Cereixa Gondomar
A Preferente aproveitou o descanso de Nadal para recuperar os partidos aprazados da segunda xornada, e o conxunto redondelán fíxoo do mellor xeito posible, cunha avultada vitoria ante o Cereixa Gondomar por 8-2. Foi un gran partido o disputado no pavillón da Marisma ante un gran rival que se puxo por diante ao comezo do partido. O equipo redondelán botou man de varios xogadores xuvenís para completar a convocatoria e firmou unha goleada ante o seu público.
Pazos de Borbén-Arealonga: aprazado.
O encontro entre o Pazos e o Arealonga, correspondente tamén á segunda xornada de liga, tivo que aprazarse onte por condensación na pista cando se levaban disputados 16 minutos de xogo co marcador a ceros.