Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela e Chapela terán Cabalgatas de Reis estáticas

cabalgata

As súas Maxestades de Oriente non faltarán á súa cita cos nenos e nenas redondeláns. Como xa fixeran o ano pasado, por mor da crise sanitaria, recibirán á rapazada nas Cabalgatas estáticas que se instalarán no Campo da Feira de Redondela e na Alameda Rosalía de Castro de Chapela en horario de mañá e tarde.

Redondela e Chapela celebrarán o 5 de xaneiro do 2022 a chegada dos Reis Magos. Seguindo as directrices marcadas pola Xunta de Galicia, as cabalgatas adoptarán o formato de actividades estáticas. En Redondela, os Magos de Oriente estarán no Campo da Feira mentres que en Chapela compartirán un tempo cos nenos e nenas na Alameda Rosalía de Castro. En ámbolos casos o horario será de 11.00 a 14:30 horas e de 16.00 a 20:30 horas. Para garantir a seguridade sanitaria dos e das máis pequenas, o Concello vén de establecer un estrito protocolo de seguridade, con sinalización da ruta de entrada e saída, vixilancia da distancia de seguridade e o recordatorio da obrigatoriedade de levar a máscara de protección. A concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, explica que deste xeito os Magos de Oriente recibirán á rapazada “para recoller todas as súas peticións” nun amplo horario, para evitar aglomeracións. Contan xa coa experiencia do ano pasado, que resultou “un éxito”.

Iria Vilaboa, concelleira de Cultura

Desde o Concello de Redondela fan un chamamento á “responsabilidade individual” das familias á hora de respectar unhas normas “necesarias para evitar a propagación dunha pandemia que está novamente en expansión”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará