A familia de Manuela Barbosa Sousa, a muller de 66 anos que desaparecía o 13 de xullo en Arcade, segue sen noticias sobre o seu paradeiro. Malia que manteñen a esperanza son conscientes da dificultade de atopar novas pistas que reactiven a investigación motivo polo que fan un chamamento a colaboración cidadá “se alguén lembra algo, calquera cousa, por insignificante que poida parecer, que se poña en contacto con nós”.
A súa filla Raquel é quen fai este chamamento ao tempo que lembra que non hai nada novo na investigación que os leve a dar con Manuela “sabemos que a Policía segue varias liñas de investigación e non descartan nada, pero tampouco temos ningunha novidade”.
Por este motivo insiste en solicitar que calquera veciño ou veciña que teña a máis mínima información “por moi insignificante que poida parecer” que lla traslade as autoridades ou a familia.
As esperanzas son poucas pero non queren que o caso caia no esquecemento motivo polo que seguen facendo estes chamamentos e participan tamén nas redes sociais “unha participación que vai diminuír nos vindeiros meses porque así nolo recomendan os profesionais”.
Natural de Soutomaior e con residencia en Redondela, Manuel Barbosa visitaba Arcade e Soutomaior con asiduidade por motivos familiares. Foi no centro de Arcade onde a viron por última vez.