Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela proclámase campioa no Memorial Pepe o Ruso

RemoChapela

A traiñeira feminina do Club Remo Chapela e a masculina do Club Remo Cabo da Cruz alzáronse como campións, respectivamente, no VI Memorial Pepe O Ruso de traiñeiras, celebrado en Bueu. Organizada polo Club Mar de Bueu-Teccarsa e co patrocinio da Deputación Provincial e o Concello de Bueu, a cita disputouse nunha fermosa xornada de remo. Co mar en calma a Enseada de Bueu acolleu a proba cun sistema de regata por persecución e contrarreloxo. Tomaron a saída a intervalos dun minuto, un total de 27 tripulacións, nas categorías femininas, mixtas, veteranos e absolutos.

Na categoría feminina as campioas foron as mozas do Club Remo Chapela (23.24.01) que impuxeron o seu ritmo deixando a segunda praza para CR.Cabo da Cruz (23.58:29) e o terceiro posto para Club Remo Rianzo (23.58:52).

Houbo gran competencia entre as tripulacións masculinas. Gañou o equipo de Cabo da Cruz (20.19:44), seguidos de C.Remo Ares (20.28:22) na segunda posición e SD.Samertolaméu na terceira (20.34:76).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará