Surf and Clean é unha asociación sen ánimo de lucro, constituída por surfeiros, para dar a coñecer o grave problema do lixo mariño. Traballan con escolas, federacións, Concellos, asociacións e surfeiros cos que fan actividades de limpeza e concienciación. O seu presidente, David Blanco, fálanos dos obradoiros que realizan no programa “Aprende a través do surfing” coa participación de máis dun milleiro de estudantes. Veñen de realizar unha actividade formativa na praia de Razo, en Carballo, e confían en que tamén escolas das Rías Baixas se sumen ao proxecto.

Brian Cameselle, o talento de Redondela, brilla no concurso Recantos da TVG
A música galega está de noraboa coa irrupción de Brian Cameselle, un cantante de 19 anos que, desde a súa parroquia do Viso, está a conquistar os escenarios e os