Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Reboreda alertan do risco de que outra empresa retome o proxecto eólico na parroquia

monte reboreda

A decisión da promotora de renunciar a construción dun parque eólico que afectaría aos montes dos concellos de Pazos de Borbén e Reboreda supón un alivio para os veciños e colectivos que decidiron organizarse para loitar contra esta iniciativa. Con todo, entenden que o risco non desaparece porque “desiste unha empresa pero non se paraliza o proxecto definitivamente”. Por este motivo reclaman que non pleno de hoxe a corporación se manifeste en contra da colocación de muíños de vento na zona.

David Couñago, portavoz dos colectivos veciñais que se uniron para loitar contra a posible instalación dun parque eólico nos montes da parroquia amosa a súa satisfacción polo anuncio da Xunta de que o promotor tiña presentado o desestimento para levar a cabo este proxecto. Algo que ao seu entender responde en gran medida “a presión social que se estaba a fraguar na zona”.

Aínda así entende que non hai que baixar a garda porque “que esta empresa renuncie a facer o proxecto non quere dicir que mañá poida vir outra que si o leve adiante”.

Entenden que é imprescindible o posicionamento do pleno e dos diferentes grupos políticos con presenza na corporación para opoñerse a un proxecto que insisten “é moi dañino para a parroquia, para os montes e para a contorna”. Critican tamén a “ausencia inxustificada” da Comunidade de Montes que non se posicionou neste asunto.

Neste sentido, tanto a Comunidade de Augas, como a Asociación de Veciños e a Sociedade Labrego Cultural confían en seguir sumando mans “para que isto non vaia adiante”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará