Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha aplicación móbil permitirá axilizar os trámites co Concello

axnedadixital

Redondela da un paso máis cara o futuro coa contratación dos traballos para a realización dunha Axenda Dixital, unha app que permitirá que veciñas e veciños poidan realizar xestións dende os seus dispositivos móbiles incrementando a transparencia de procesos e a facilidade de realización de trámites. A Axenda Dixital foi encargada á empresa Cinfo Contenidos Informativos Personalizados cun orzamento de 11 616,00 € (IVE incluído).

O proxecto, unha vez rematado, permitirá dotar á cidadanía dunha App para dispositivos móbiles que lle permita unha comunicación directa e eficaz co Concello. Os usos desta aplicación xa utilizada nas grandes cidades, pode ir dende a reserva de locais municipais (salas de ensaio, pistas deportivas) á adquisición de entradas para as actividades culturais que organice o concello ou mesmo que, veciños e veciñas poidan acceder aos seus expedientes administrativos virtuais (Servizos Sociais, Urbanismo ou Padron de habitantes entre outros).

Doutra banda, tal e como explicaba a alcaldesa Digna Rivas, constitúe unha ferramenta de extraordinaria importancia “para seguir avanzando na transparencia e na participación veciñal na gobernanza municipal ao permitir que se puideran realización votacións a través de internet ou mesmo realizar achegas aos presupostos participativos”.

A aplicación permitiría tamén unha axilización notable en procesos sinxelos como a antedita reserva de pistas deportivas ou locais de ensaio. Unha vez realizada a solicitude, a App xeraría un código QR. O usuario e usuaria, activaría a entrada á instalación reservada presentando o QR diante do correspondente lector o que lle facilitaría o acceso sen necesidade de ter que recoller a chave no Concello e entregala ao rematar a actividade.

A maiores da facilidade de acceso, permitiría tamén un control sobre as instalacións ao saber cando foi a última vez que se utilizou e que persoa ou persoas foron as usuarias.

O proxecto, con anterioridade ao proceso de adxudicación, foi presentado á oposición a través de reunións presenciais para que tiveran a oportunidade de facer as súas achegas “ao igual que se fai con todas e cada unha das iniciativas que o Goberno local desenvolve dentro da EDUSI 2020”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará