Hoxe é Xoves 26 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello contratará 18 persoas desempregadas para reforzar servizos

emprego 18

As contratacións, ao abeiro do Plan Concellos da Deputación, permitirán reforzar servizos de interese xeral e social e contarán cun orzamento de 264 325,09 €, dos que o organismo provincial achegará 257 580,89 euros mentres o Concello aportará os 6774,20 € restantes.

En total, o Concello contratará a 1 traballador/a social, 3 guías turísticos e 3 axudantes de servizos de actuacións de electricidade. Estes 7 contratos terán unha duración de 6 meses a xornada completa. Doutra banda, tamén se contratará a un total de 11 peóns forestais, a xornada completa, durante un tempo de 5,3 meses. A selección de persoal levarase a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego.

Estas contratacións “non so supoñen un respiro económico para as persoas contratadas, senón que contribúen a reforzar os servizos que se prestan á veciñanza”, explicou a alcaldesa, Digna Rivas quen aclarou que a contratación das 11 persoas como peóns forestais, permitirá dar continuidade ao programa de rozados e limpeza de estradas e camiños municipais iniciado o pasado ano no que, por primeira vez “o Concello optou por contratar a persoas desempregadas para o desenvolvemento destas tarefas en lugar de optar pola contratación dunha empresa, como se facía cos anteriores gobernos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará