A Concellería de Patrimonio organiza catro saídas para coñecer a traza do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio. A primeira das citas será este domingo día 20 co percorrido polo trazado do Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Redondela sur. A saída será as 10 horas dende a capela de Santiago de Antes, no concello de Mos, e contará coas explicación do arqueólogo Xusxo Constela da empresa A Citania.
Serán un total de catro rutas que se desenvolverán os derradeiros domingos de cada mes polo que, as seguintes, serán o 27 de marzo na que se percorrerá a traza do Camiño Portugués ao seu paso por Redondela norte; o 24 de abril para percorrer A Portela na súa beira oeste e, finalmente, o 29 de maio, en Rande, para facer o treito entre Regasenda e o Castelo.
Para máis información sobre as rutas, as persoas interesadas poden acceder á páxina de Facebook AcitaniaGalicia ou chamar ao teléfono 600 381 782