Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco perde ante un Barco superior

ChocoBArco

Terceira División

Barco 2-0 Choco

O Choco non foi quen de superar aos de Javi Rei, que impuxeron o seu xogo desde o comezo do partido. Ao pouco do inicio xa se poñían por diante cun gol de Javi Pazos no minuto 4. Quixeron recortar os de Redondela, pero antes do descanso chegaba o segundo do Barco. Duque puxo o 2-0 e o resultado xa non mudou tras o paso por vestiarios, malia que os de Juan Amoedo tentárono.

Por outra banda o encontro entre o CD Choco e o RC Deportivo Fabril previsto para mañá martes quedou suspendido por incidencia Covid. A xueza de competición acordou que se adiase o partido a unha data aínda por determinar. Se non hai máis contratempos os de Juan Amoedo regresan o domingo á competición. Teñen a xornada de liga na casa ante o Alondras. O mércores da próxima semana, día 9, recuperan o partido aprazado en terras lucenses ante o Viveiro.

Primeira Galicia: Descanso. Próxima xornada esta fin de semana co Arcade -Moraña

Segunda Galicia: Atl. Vilar Descanso. Proxima xornada o 6 de marzo Cañiza-Atl Vilar

Cesantes 2-1 Cruceiro de Hío

Soutomaior 4-1 Monteporreiro.

Fútbol Sala Terceira

Campito Chapela. Descanso.

Regresan á competición do 6 de marzo, reciben en Chapela ao 5 Coruña.

Preferente Sur

O Redondela Maramar segue líder co Pazos como segundo, aínda que os de Fran Amoedo levan dous partidos menos disputados.

Arealonga 2-4 Abetos Gondomar

Coles 0-4 Redondela Maramar

Balona Linense 2-6 Pazos

Na próxima xornada o Redondela adianta ao xoves o partido na pista do Baiña por mor da celebración da Arribada en Baiona. Na fin de semana disputaranse os encontros Arealonga-Verín e Cesures-Pazos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará