Outro mundo é posible. Obradoiro sobre liderado feminino e autoxestión.
Neste mes de marzo Redondela celebra as II Xornadas Gemma Pereira Otero Meuller e Igualdade. A primeira das citas será o venres, 11 de marzo, co obradoiro “Dez claves para emprender. Liderado feminino e autoxestión”. Patricia Rodríguez e Heidi Vander Biest son as encargadas de impartilo. Será cunha mesa redonda, de xeito participativo e dinámico na que se reflexionará “sobre os valores e habilidades necesarias para alcanzar os nosos proxectos”. Contarán coa historia persoal de dúas mulleres emprendedoras cuns perfís moi diferentes, que explicarán as barreiras que tiveron que superar e que habilidades lles axudarona avanzar na consolidación do seu proxecto. A cita é na Casa da Cultura, Praza de Figueroa, ás 19.00 horas. A participación é de balde, pero precisa inscrición previa no correo felizmente.coach@gmail.com ou a través do código QR
Tres autoras e tres títulos son as propostas que nos deixa Mencía Jorge Cabaleiro no seu paso polo espazo, unha iniciativa das Bibliotecas de Redondela en colaboración coa Radio Municipal
Nesta nova entrega de Onda Torrella, Fon Conde recibe por segunda vez a Valeria, traballadora do IES Pedro Floriani, que volve ao programa cunha nova selección musical cargada de enerxía
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.De acordo