Continuamos o percorrido por Celanova na Capela de San Miguel, situada no xardín do mosteiro de San Salvador. Trátase dunha pequena xoia altomedieval, que foi declarada Monumento Nacional en 1923. Rosana Prieto fálanos desta capela que, polas súas características, é única na península.