Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un raio esnaquiza a bóveda do campanario da Igrexa de Reboreda

campanario

Eras as sete da mañá cando o raio impactaba contra este templo do século XVIII provocando danos de relevancia no inmoble, segundo informan dende o Seis de Redondela, quen se desprazaron ao lugar logo de recibir unha chamada do 112 Galicia. Os danos están aínda sen cuantificar á espera de que os técnicos de Patrimonio realicen o informe pertinente.

As pedras precipitáronse ao adro da Igrexa

O estrondo provocado polo impacto do raio contra a igrexa de Reboreda poñía en alerta a boa parte da parroquia e doutras zonas limítrofes, onde algúns inmobles chegaban a tremer. Minutos despois o SEIS (Servizo de Emerxencias e Incendios de Redondela) desprazábase ata o lugar e atopábanse coa bóveda do campanario completamente esnaquizada. A falta de avaliar os danos polos técnicos, a simple vista xa se observa que o raio provocou importantes desperfectos na estrutura do campanario da Igrexa.

A mala sorte quixo que o vehículo do párroco, estacionado nas inmediacións do templo, sufrira tamén danos importantes ao caerlle enriba algunhas das pedras que se precipitaron ao chan. Cascallos que chegaron incluso á estrada, sendo retirados polo persoal do SEIS para garantir o paso de vehículos.

O cadro elétrico da Igrexa saltou polos aires e o coche do párroco foi alcanzado polas pedras

Os axentes procederon tamén a balizar a zona para impedir o paso dos curiosos á espera de que os técnicos valoren o estado do edificio. Avisouse tanto a Patrimonio como ao Bispado para que realicen as xestións pertinentes de cara a garantir a seguridade do templo e das inmediacións así como acometer os arranxos que sexan necesarios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará