Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ernestina Otero chega aos colexios de Redondela cun contacontos ilustrado

polo correo do vento

Serán, en total, máis de 400 a es os escolares, de oito centros educativos redondeláns os que participen nesta iniciativa promovida dende o Servizo de Normalización Lingüística na que, ademais, cada un dos alumnos e alumnas levará para a súa casa o libro infantil «Semente de igualdade, semente de liberdade. Pequena biografía de Ernestina Otero» de Enrique Mauricio con ilustracións de Carlos Taboada, dedicado á figura da insigne mestra e pedagoga.

Logo de desenvolverse no EEI de Ventosela; no CEIP Bóveda e no CEIP Reboreda, a actividade continuaba este luns, 7 de marzo, no EEI Cesantes para continuar hoxe martes 8 ás 10 horas e 12 horas no CEIP Cedeira, o xoves 10 ás 10 horas e 12 horas no CEIP Quintela e o venres 11 ás 10 h e 12 horas no CEIP Porto Cabeiro.

Xa na seguinte semana, os contacontos ilustrados continuarán o seu ciclo cos que se levarán a cabo o luns 14 ás 10 h no CEIP Bóvedas e ás 12:30 horas no EEI Cesantes e, finalmente, o martes 15 ás 10 h e 12 horas no CEIP Outeiro das Penas.

A alcaldesa de Redondela e concelleira de Normalización Lingüística, Digna Rivas, subliñou a importancia de car a coñecer entre o alumnado a figura dunha mestra e pedagoga “que é un exemplo a seguir polas prácticas innovadoras que utilizou no eido da educación”. Non se pode esquecer que foi a impulsora da asistencia á escola, os dereitos das mulleres e a renovación do profesorado “conseguindo poñer a semente para unha xeración preparada para a liberdade”, apunta a alcaldesa redondelá.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará