Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco busca saír da zona de descenso en Viveiro

ChocoAprazado

Esta semana o equipo redondelán ten seis puntos en xogo. Hoxe mércores visita ao Viveiro FC e o domingo enfróntase ao UD Somozas. O partido desta tarde corresponde á xornada 18, que fora adiada. O Viveiro está a facer unha boa segunda volta e está 11º na táboa clasificatoria con 27 puntos, cinco máis que os de Juan Amoedo, se ben os de Redondela contan con 3 partidos menos. Logo de sumar tan só un punto ante o Alondras CF o pasado sábado en Santa Mariña, viaxan a terras lucenses con “sede de vitoria”, recoñece o adestrador choqueiro. Advirte que “as xornadas pasan e cada vez son menos as posibilidades para puntuar”. Precisan dunha vitoria para saír dos postos de descenso. Saben que o rival é un equipo complicado “con moita fortaleza defensiva e basa o seu xogo nos erros do rival, polo que vai a ser un gran reto”, sinala Amoedo. A cita é ás 20.30 horas en Cantarrana.

O domingo terán un novo desprazamento para disputar a xornada 27, neste caso co UD Somozas. Dous destinos complicados en tan só cinco días. O adestrador explica que lles toca “cruzar Galicia ata a outra punta” pero que non queda outra que “apertar os dentes e competir mellor que nunca”. O partido será ás 17.00 horas no Alcalde Manuel Candocia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará