Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinco medallas para o CR Chapela en Meira

RemoMeira

O sábado disputouse a I Bandeira Comunidade de Montes de Meira. A SD.Tirán en mulleres e a SD.Samertolaméu en categoría masculina foron os campións da xornada, na que os bateis de Chapela subiron ata en 5 ocasións ao podio. O club redondelán foi 2º na clasificación xeral masculina. A escuadra feminina de Tirán foi primeira con 16 puntos, seguíndolle CR.Mecos con 13 e en terceiro lugar Samertolaméu con 11. E o conxunto masculino de Samertolaméu sumou 20 puntos, por diante de Chapela que fixo un gran papel con 15 puntos, e en terceiro lugar CR.Virxe da Guía con 12. Nas probas femininas Chapela foi ouro e bronce na categoría absoluta, e ouro en xuvenil. Nas regatas masculinas foron ouro en cadetes e prata en absoluta.

A Bandeira de Bateis Amegrove, que estaba previsto celebrar onte en Porto Meloxo, foi aprazada polo mal tempo.

Resultados femininos: Alevín: 1. Tirán, 3.21:78; 2.Samertolaméu, 3.26:57; 3.Mecos, 3.43:75. Infantil: 1.Mecos, 5.30:81; 2.Tirán, 5.37:84; 3.Samertolaméu, 5.49:95. Cadetes: 1.Robaleira, 8.12:59; 2.Samertolaméu, 8.16:97; 3.Tirán, 8.19:87. Xuvenil: 1. Chapela, 11.27:42; 2.Samertolaméu, 11.53:23.Absoluto: 1.Chapela, 10.21:47; 2.Mecos, 10.38:54; 3.Chapela, 10.50:70.-

Resultados masculinos: Alevín: 1.Virxe Guía, 2.53:17; 2.Samertolaméu, 2.56:17; 3.Mecos, 3.08:02. Infantil: 1.Virxe Guía, 4.58:31; 2.Samertolaméu, 5.07:03; 3.Bueu, 5.16:69. Cadete: 1.Chapela, 7.22:60; 2.Tirán, 7.32:17; 3.Mecos, 7.33:83. Xuvenil: 1.Amegrove, 9.55:34; 2.Samertolaméu, 10.01:19; 3.Meira, 10.04:64. Absoluto: 1.Samertolaméu, 9.26:44; 2.Chapela, 9.29:99; 3.Bueu, 9.32:82.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará