Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os proxectos de zonas deportivas de Cesantes e Chapela centran as propostas escolares

pleno

Alumnado de colexios e institutos puxeron sobre a mesa ideas como dotar de fontes de auga os tres espazos, crear zonas de descanso con arboredos de especies autóctonas, instalacións pensadas para a infancia e a terceira idade, dotacións deportivas, parques caninos e aparcamentos para bicicletas.

O Consello Municipal da Infancia e Adolescencia de Redondela celebrou esta semana a súa segunda reunión plenaria do curso, xuntanza que estivo centrada na realización de propostas para tres proxectos de creación e remodelación de espazos de lecer que o goberno local vai levar a cabo nos próximos meses.  

Voceiros e voceiras dos CEIP Alexandre Bóveda, Porto Cabeiro, Quintela, Reboreda e Santa Mariña e mais os IES Chapela, Illa de San Simón, Mendiño e Pedro Floriani, expuxeron as súas propostas e suxestións para a futura zona deportiva e de lecer de San Pedro de Cesantes, para a remodelación da zona deportiva de Chapela coñecida como “Campito” e mais para a zona deportiva que se vai construír anexa á Senda Verde, tamén en Chapela.

A alcaldesa Digna Rivas, na súa función de presidenta do Consello, xunto coa concelleira de Xuventude e Ensino, Olga García, así como representantes das ANPAS e máis dos grupos políticos da oposición –na súa condición de vogais adultos–, asistiron a este pleno para escoitar as voces da rapazada de Redondela. Dende os centros de ensino traballaron para propoñer as mellores ideas para o aproveitamento destes espazos públicos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará