Lamentan que a alerta sobre a falta de produtos estea a afastar aos clientes dos mercados locais, cando “hai produto fresco, de calidade e proximidade” para cubrir a demandas de todos aqueles compradores que busquen peixe, carnes, froitas e hortalizas de kilómetro 0.
As vendedoras da praza de Redondela insisten en que hai produto suficiente e lamentan que as imaxes que se están a ver tanto nas redes sociais como nas televisións sobre o desabastecemento de alimentos estea a desanimar aos clientes a achegarse a estes espazos.
Explica Marga Castro, propietaria dun dos posto de peixe do mercado de Redondela que “as pescantinas que traballan na praza van directamente a recoller o produto a lonxa de Vigo” polo que a folga do transporte non lles repercute nos seus establecementos.
Malia todo si notaron unha importantes baixada de clientes que entenden se debe a desinformación que fai crer aos compradores que non hai peixe e xa non se achegan ao mercado. Unha situación que lle prexudica notablemente “mercancía hai, o que non hai e xente que é imprescindible para que o produto saia” engade Marga quen asegura que os prezos mantéñense estables.
Os postos no mercado ofertan un servizo continuado de 7:30 a 14:00 horas.