Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela, Pazos e Soutomaior súmanse ao plan de inspección de residuos da Deputación

residuos

A Deputación de Pontevedra vai asumir máis do 50% do custe da posta en marcha da inspección de residuos dos concellos que se adhiran ao corpo provincial de control do Revitaliza. O obxectivo do corpo de inspección é mellorar e ordenar a xestión dos residuos “non domicilios”, é dicir, os que producen institucións, centros educativos e sanitarios, comercios, restauración, centros asistenciais… e as instalación fixas do sistema.

Así o asegurou hoxe o vicepresidente César Mosquera quen explicou que a inspección do servizo de residuos é unha obriga legal incluída na nova lexislación e subliñou que “ademais está demostrado que é a única maneira de poder cumprir os obxectivos de reciclaxe”. Apuntou que a Deputación fixo unha proposta de organizar esta inspección para os concellos da provincia, dos que 22 xa amosaron o seu interese en tomar parte da iniciativa.

O vicepresidente explicou que a Deputación farase cargo da totalidade do financiamento da inspección neste 2022, do 60% no exercicio de 2023; e do 25% en 2024. Por sumarse ao Servizo de Inspección antes do 31 de xullo de 2022 os gobernos locais terán 10% máis de bonificación (70% no 2023 e 35% no 2024 e seguintes); outro 15% por acadar os obxectivos fixados na normativa en canto a preparación para a reutilización e reciclaxe; e igual porcentaxe de bonificación que de avance na medida que se vaian dando pasos para conseguir os obxectivos aínda que non se cumpran. Todas as primas serán acumulativas.

O máximo de custe por habitante e ano será de tres euros, dos que os concellos só pagarían unha pequena parte. Prevese que o corpo provincial alcance un inspector/a por cada 20.000 habitantes, cun total de entre 12 e 14.

O obxecto das inspección serán os xeradores de residuos “non domicilios” (institucións, centros educativos e sanitarios, comercios, restauración, centros asistenciais…) e as instalación fixas do sistema municipal (punto limpo, puntos verdes, plantas de compostaxe municipais e similares), quedando excluídas a recollida e transporte a planta supramunicipal.

Mosquera insistiu en que o obxectivo do corpo de inspección é mellorar e ordenar a xestión dos residuos e acadar unha cultura de cumprimento nos xeradores de lixo sen obxectivo de recadación. “As sancións ingresaríanas os concellos, pero que ningún concello pense que vai financiar o servizo coas sancións. Haberá ingresos pero non para tanto”, advertiu.

Segundo destacou Mosquera, a nova normativa de residuos abandona definitivamente o “buenismo”, a suposición de que mediante campañas de sensibilización e iniciativas puntuais se vai acadar un tratamento correcto dos residuos.

Os residuos municipais destinados á reutilización e a reciclaxe das fraccións (papel, metais, vidro, plástico, biorresiduos ) debían alcanzar, no seu conxunto, o 50 % en peso no ano 2020, o 55 % no ano 2025, o 60 % no ano 2030 e o 65% no ano 2035. Haberá sancións polos incumprimentos dos obxectivos e cada concello por si mesmo, salvo modificacións da Xunta, terá que cumprir os obxectivos concretos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará