Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival de Curtas Andaina celebra a súa décima edición con experiencias sensoriais e actividades en Moaña e Redondela

fic andaina

Miguel Borines, Magaly Couñago e Antonio García na presentación do Festival

O Festival, que conseguiu celebrarse durante os dous anos de pandemia, retoma este ano a normalidade para achegarse as cifras de anos anteriores e con importantes novidades. Un festival que se desenvolverá en Redondela entre o 27 de abril e o 1 de maio, pero que previamente pasará por Moaña con proxeccións para os centros educativos e unha proxección aberta a todo o público na Casa da Mocidade, onde o día 23 proxectaranse os bloques 1 e 2 da sección oficial do festival.

En Redondela as actividades centraranse no Multiúsos da Xunqueira por onde pasarán máis de 1000 alumnos de diferentes centros escolares que contarán con proxeccións de cine, charlas e exibicións deportivas “co obxectivo de que os rapaces se acheguen á realidade das persoas con diversidade funcional” explica Antonio García dende Andaina.

A programación aberta o público arrancará o mércores 27 con outra das novidades, unha experiencia sensorial, onde os asistentes poderán meterse na situación de vivir o cine dende os sentidos, con proxeccións audiodescritas para persoas cegas e subtituladas para persoas xordas. A actividade contará tamén con intérprete en lingua de signos.

O Venres 29 chegará un dos pratos fortes para os máis cativos coa proxección ás sete da tarde da recente gañadora nos Premios Goya  “Valentina” en compañái da súa directora Chelo Loureiro.

O sábado 30 as 17h teremos una nova oportunidade para ver de novo esta curtametraxe de animación e a continuación, ás 19:00 horas terá lugar o pase da película enmarcada na sección Documental. Unha hora despois proxectarase o Bloque 1 da sección oficial, para rematar a xornada cunha actuación musical.  O domingo, presentado  pola actriz e modelo Cristina Maró, disfrutaremos do día principal dende as 18h coa proxección da sección escolar-novel, con traballos realizados en centros escolares ou de atención a persoas con Diversidade Funcional e ás 20h será a quenda do Bloque 2 da sección oficial. Oito películas a concurso que foron seleccionadas entre as máis de 200 presentadas e que responden a criterios de calidade e de temática.

Ao rematar as proxeccións, farase entrega dos galardóns os premiados nas diferentes categorías de Mellor curtametraxe, con Premio do xurado e Premio do público, Mellor Intérprete, Mellor curta sección escolar e Mellor documental.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará