Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Autobuses gratuítos dende Redondela para acudir a manifestación do domingo en Santiago

manibng

O BNG pon a disposición da veciñanza autobuses para acudir a manifestación que baixo o lema “Contra a suba dos prezos. Fagámonos valer” partirá ás 12:00 horas do domingo dende a praza 8 de Marzo en Compostela. Un destes autobuses sairá dende Redondela. As persoas interesadas deben reservar praza no número de teléfono 986447300.

O voceiro do BNG en Redondela, Xavier Balsas considera que nestes momentos de fonda crise económica “cómpre mobilizarse, saír á rúa, presionar aos gobernos galego, español e europeo para que axusten as súas políticas e non se carguen os custes, sobre os e as traballadoras”.

Destaca que o Grupo Municipal nacionalista presentou unha Moción ao Pleno do Concello de Redondela, no que se recollen ata dez propostas “para por ao servizo dos intereses colectivos, sectores como os da enerxía, a banca, reaxustar a carga impositiva, mellorar os soldos e reducir a inflación”.  Finalmente empraza a todos os redondeláns, a sumarse á mobilización que se vai realizar o vindeiro domingo 3 de abril polas rúas de Compostela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará