A primeira das citas será o luns 11 coa presentación da primeira novela de Noa G.Pérez. Seguiralle un contancontos infantil baixo o título “A biblioteca que viaxaba no tempo” con Olga Abad. Pechará o mes o obradoiro literario para xente nova “As cousas pequenas contan” con Xulio Varela.
A Biblioteca Xela Arias acolle o vindeiro luns a presentación do libro Todo al rojo, primeria novela dunha veciña da parroquia Noa G. Pérez. A editorial Autografía ven de publicar a súa primeira novela: Todo al rojo, aínda que xa ten máis novelas abrollando na súa cabeza. A presentación terá lugar o luns ás ás 19:30 horas.
Un mes no que se conmemora o Día do Libro Infantil e mais o propio Día do Libro polos que as propostas continaurán con actividades orientadas as crianzas.
O venres 22 de abril ás 18:00 h., na Biblioteca Xela Arias orientado a cativos de 18 meses a catro anos, a narradora Olga Abad achegará a historia “A biblioteca que viaxaba no tempo”. Mediante técnicas como a narración e o teatro de papel, o espectáculo conta a historia dunha pequena vila onde hai unha biblioteca e un obradoiro. Un día chega unha empresa construtora que transforma o lugar, converténdoo nunha cidade chea de xente moi triste. A bibliotecaria e mais a inventora atoparán nos libros máis antigos da biblioteca as instrucións para facer unha viaxe no tempo na que atopar a alegría para traela de novo á vila.
O mes rematará o mércores 27 de abril ás 18:30 h. cun obradoiro a cargo do educador e animador sociocultural Xulio Varela. Unha proposta orientada a rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos.