Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela elimina un vertido de augas residuais en Chapela 

arealonga

O foco, verificado polos técnicos do Plan de Control de Vertidos da Xunta mediante analítica, tiña a súa orixe nun punto de evacuación de augas pluviais na desembocadura do río Pugariños, na praia de Arealonga. Augas de Galicia notificoulle a situación ao Concello de Redondela para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar o foco contaminante. Os técnicos da Xunta constataron recentemente que as accións para a conexión á rede de saneamento municipal das acometidas irregulares en varios inmobles do barrio de Pasán permitiron a emenda do vertido. 

Este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, neste municipio pontevedrés. 

Os inspectores desprazados á zona identificaron a orixe do vertido, mediante control analítico,  nun punto de evacuación de augas pluviais localizado na desembocadura do río Pugariños, na praia de Arealonga, cara á ría de Vigo. 

Augas de Galicia notificoulle a situación ao Concello de Redondela para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar o foco contaminante. 

Nunha nova inspección, os técnicos da Xunta verificaron, mediante nova mostraxe, que as actuacións realizadas polo Concello para a conexión á rede de saneamento municipal das acometidas irregulares procedente de varios inmobles do barrio de Pasán permitiron a emenda do vertido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará