O equipo de Chapela despediuse esta fin de semana da Pirimeira Nacional logo de caer ante un rival directo, o Galdar. Tampouco a Sar foi quen de superar ao Bueu e na División de Honra Prata Feminina, as de Verónica Posada perdían o encontro en terras Canarias.
Cicar Lanzarote 33- 27 Sar Rodavigo
As de Redondela asinaron un bo partido para finalizar a tempada, pero non foron quen de superar ao Cicar Ciudad de Arrecife, nun partido onde as canarias se xogaban a fase de ascenso. As de Redondela, garantida xa a permanencia, apostaron por unha defensa aberta. Rematan a tempada salvando a categoría no posto 9 da clasificación.
Na Primeira nacional tampouco houbo sorte para os equipos locais.
Bueu Atlético 28-21 Sar Plastic Omnium
O Bueu atlético impúsoxe á Sar Plastic Omnium e deixou selada a permanecia algo que aínda queda pendente para o conxunto de Redondela que seguirá pelexando no que queda de tempada. O partido foi dominado polo conxunto local e A Sar foi incapaz de facerse valer na segunda parte. A próxima cita será na casa ante un dos equipos fortes do grupo, o Forbe, situado na cuarta praza.
Galdar 34-24 Rodosa Chapela
Pola súa banda o Rodosa Chapela confirmou esta xornada o seu descenso de categoría, tras caer derrotado ante o Galdar. Partido tremendamente complicado no que non tiveron opción. Malia que xa sen nada en xogo, a competición continúa e na próxima xornada xogan en Chapela onte reciben ao Seis de Nadal.