Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos FS volve á terceira división

pazos fs

Emocionante derbi o vivido esta fin de semana en Pazos de Borbén, cun equipo local intratable que logrou a vitoria por 9-3 ante o segundo clasificado, o Redondela Maramar. Unha vitoria que lle permite aos de Fran Amoedo recuperar a categoría nacional despois do seu descenso administrativo o ano pasado.

Pazos 9-3 Redondela Maramar

Cun pavillón ateigado de público e gran representación de ambos os dous equipos, na previa do encontro realizouse un corredor de recońecemento ao equipo prebenxamin do Pazos, recentemente proclamado campión de liga.

Arrancaba o encontro con dous equipos cunha presión alta que facían presaxiar un encontro físico. Adiantábasne no marcador os locias por 2-0 tras unha falta que metía Jonás e un zapatazo exterior de Joni , con todo o Redondela lograba empatar o encontro chegando ao descanso cun 3-2 no marcador. Na segunda parte os de Pazos fixeron seu o partido ata chegar ao final cun contundente 9-3 e a lóxica alegría dos locais que celebraron sobre a pista un merecido ascenso .

Os goles de hoxe foron de Joni(4) , Luis(2) , Sandfo(2) e Jonás .

A volta da semana Santa o Redondela recibirá ao Abetos (6) e o Pazos defenderá a súa primeira praza en Mondariz ante un dos equipos máis febles do grupo, o Cios Vigo (14)

Arealonga Construcciones Castro 3-7  Quinta de Tui

En peor situación atópase o Arealonga logo de sumar unha nova derrota esta fin de semana ante o Quinta de Tui. A próxima cita será en Gondomar ante o Coperfi Cereixa, situado na cuarta posición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará