Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns despiden as máscaras con divisións de opinións

8m-publico

Comenza a conta atrás para a fin do uso das máscaras nos interiores. O goberno as eliminará o día 20, seguindo as recomendacións dos expertos.  A protección será retirada en espazos como colexios, centros comerciais e hostalería. Nas rúas de Redondela atopamos diferentes opinións respecto ao seu uso en interiores ou en aglomeracións.

Entrevistamos a veciñanza de Redondela sobre o uso da máscara e a respostas foron moi dispares. A Semana Santa é, para moita xente, un momento de exposición forte ao covid e consideran que hai que “seguir alerta” nas reunións familiares e durante as festas. Isto preocupa sobre todo a aqueles que consideran que o covid todavía non é “unha enfermidade común, como unha gripe”.

Eusebio pensa que hai que esperar e cree que “despois de Semana santa as cousas poden empeorar”.
Ana opina que seguirá usando a máscara mentres “a cousa siga activa”.

A xente está perdendo o medo a usar a máscara no exterior, sempre que se manteñan distancias prudenciais, pero no interior segue sendo unha polémica. A maior preocupación e protexer a persoas que poidan estar en situación de maior risco.

Fernanda seguirá usando a máscara en espazos cerrados, pensando nas persoas de risco.

Chegamos tamén a veciños que están afrontando a situación da forma máis favorable posible e que están de acordo con deixar de usar xa a máscara, pois para eles os avances científicos e as vacinas permiten que nos relaxemos e comecemos a mirar ao covid como “unha gripe maís”e piden normalizar a situación.

Fani, “a cousa ten que comezar a normalizarse”.

Aínda que se considerou retirar a máscara o día 12 de abril, 15 días despois do comezo da gripalización da pandemia; os expertos do “Relatorio de Alertas e Plans de Preparación e Resposta manifestaron ás autoridades sanitarias que a retirada da máscara en interiores debíase producir tras os días festivos, unha época de gran mobilidade que podería producir un aumento significativo dos casos. Algo co que os veciños de Redondela parecen estar de acordo e, aínda que con precaución, miran ao futuro con optimismo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará