Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior proporá unha batería de medidas para mellorar a seguridade viaria e peonil do Concello

tráfico souto

A moción, que presentarán ao vindeiro pleno municipal, busca mellorar a seguridade viaria e peonil do Concello que permita salvagardar non só a seguridade da veciñanza, senón que tamén repercuta positivamente en ámbitos tan importantes como o comercio local.

En primeiro lugar, o BNG esixirá que se proceda ao “pintado inmediato dos pasos de peóns do concello que se atopan en mal estado, a retirar os obstáculos para a visibilidade nos cruces e a limpeza e pintado dos tramos que supoñen perigos evidentes para a veciñanza polo seu deterioro e abandono.

En segundo lugar, proporá a realización dunha xuntanza “antes dun mes” entre os portavoces da Corporación, a policía local e “calquera outra axente implicado” en materia de seguridade viaria e peonil, para “analizar as necesidades en materia de tráfico e accesibilidade no Concello de Soutomaior”.

 O portavoz do BNG, Manu Lourenzo tamén demandará que das conclusións desas xuntanzas se leven a cabo as medidas “máis urxentes” para garantir a seguridade da veciñanza nun prazo máximo de tres meses.

“Temos un compromiso coa veciñanza que nos traslada as súas queixas e inquedanzas sobre a seguridade viaria e peonil en Soutomaior”, afirmou Lourenzo, “e estamos a traballar para que o alcalde cumpra co seu cometido, porque un concello como o noso non se pode permitir seguir instalado no caos de tráfico no que se atopa Soutomaior”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará