A Asociación de veciños Alvedosa e a Sociedade labrego cultural de Reboreda organizan este domingo 24 unha ruta de sendeirismo de 12 kilómetros polos montes da parroquia. A saída está prevista para as 9:30 horas dende o Centro Cultural e os participante están convidados a levar comida para facer un xantar popular.
Unha actividade que se suma as propostas que este centro cultural está a desenvolver durante o mes de abril e que este sábado nos deixan un monólogo a cargo de Lorena Piñeiro co espectáculo 2 pasos 25 pesetas.
O programa rematará o sábado 30 coa maxia de Samuel Moreno ás 21:00 horas.