Na terceira división o Campito segue loitando dende os postos baixos da táboa e volvía sufrir esta fin de semana tras caer por un avultado 9-5 ante o Pizarras Los tres cuñados. Pola contra na preferente Galicia, Pazos e Redondela Maramar amosan xornada tras xornada por que son os equipos que lideran a categoría. O Arealonga pola súa banda deixaba escapar os puntos na súa visita a Gondomar ante o Coperfi Cereixa.
Pizarras Los tres cuñados 9-5 Campito
Avultada derrota para o Campito, que nada puido facer ante un rival que se amosou superior. Os de Chapela, tentarán na vindeira semana sumar os puntos en xogos ante o pechacancelas do grupo, o Troula Betanzos.
Cíos Vigo Mondariz 2- 14 Pazos
Os de Pazos de Borbén seguen intratables na preferente Galicia. Malia ter confirmado xa o seu ascenso a terceira división. Nada puideron facer os xogadores do Mondariz para conter aos de Pazos que dominaron o partido de principio a fin. A próxima cita será na casa ante o Valadares.
Redondela Maramar 3-1 Abetos
Vitoria tamén para o Redondela Maramar, segundos do grupo que na vindeira semana desprázanse ao campo dun equipo moi necesitado de puntos, o Verín Cigarrón, situado na decimoterceira prazas
Coperfi Cereixa 9-4 Arealonga
O equipo de Chapela caía derrotado na súa visita a Gondomar. Na vindeira fin de semana reciben ao equipo Coles Cidade das Burgas.