Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A narradora Vero Rilo pecha o Mes do libro en pazos de Borbén

bibliopazos

A biblioteca de Pazos pecha este venres as actividades de animación á lectura do mes de Abril cunha proposta de narración oral baixo o título “Re(A)mar, memorias do salitre”. Unha actividade que se desenvolverá este  venres día 29 a partir das 11:30 horas no Auditorio do Concello. Contará coa participación do alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, e de todos aqueles veciños e veciñas que se inscriban previamente chamando ao teléfono 986 497 273 da Biblioteca.

 “Re(a)mar, memorias do salitre” é unha proposta con historias reais que fan un percorrido pola paisaxe de xullo do 36, desde a resistencia e a represión no arsenal de Ferrol ata as lavandeiras da Illa de San Simón. Historias bañadas polo mar, para chegarmos ao máis fondo e reivindicar a memoria do común a fin de que non se esqueza. Re(a)mar busca que a memoria se siga transmitindo e fique viva, fresca, rebelde e con cheiro a salitre.

Unha actividade promovida dende a Deputación de Pontevedra que busca reivindicar as ideas transformadoras que estaban vixentes antes do golpe de Estado de 1936 así como  recoñecer a herdanza dunha xeración única e irrepetible a nivel empresarial, político, cultural e social; e transmitir a idea de que aínda que coa represión e coa Ditadura se arrasou cos proxectos, e mesmo se aniquilaron as persoas, as súas ideas e o seu legado seguen vivos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará