Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O XXIII edición do Festival de Títeres quece motores cunha exposición de Tanxarina

titeres expo

A mostra “40 anos de Tanxarina Títeres” xa se pode ver nos escaparates dos principais establecementos da vila. Unha actividades que é tan só un adianto dun festival que se desenvolverá do 12 ao 17 de maio e que contará coa presenza de 31 compañías convidadas

O XXIII Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) xa comeza a encher os escaparates da vila coa exposición ’40 anos de Tanxarina Títeres’, unha homenaxe á senlleira compañía redondelá na que se expoñen as principais pezas que acompañaron durante estes anos ao grupo formado por Eduardo R. Cunha ‘Tatán’, Miguel Borines e Andrés Giraldez.

O percorrido pola historia da nosa compañía máis internacional poderase ver nos escaparates dos locais colaboradores: Copy Redondela, Coser e Cantar, Café da Vila, Pastelería Filo, Fotografía & Audiovisual Cal-3, Barbería Juan Crespo, Tien-21, Librería La Imprenta, DiscoTasca e unha instalación especial no antigo Kiosko Mariona.

Un festival que nesta edición recupera as súas datas habituais, en torno ao 17 de maio, día das letras galegas, e que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e un feixe de sorpresas.

Serán 31 compañías convidadas, 7 escenarios e máis de 80 representacións ao longo do Festival, que a día de hoxe é un dos máis punteiros do país, poñendo a Redondela no mapa dos máis importantes Festivais do seu sector xunto con Segovia, Mallorca ou Lleida.

Apertura de billeteira e venda de camisolas dende o próximo venres

As entradas para a programación de sala poderanse adquirir a partir do vindeiro venres, 6 de maio, no Multiúsos da Xunqueira, ao igual que as xa tradicionais camisolas. Nesta edición volverase á normalidade, para as sesións de rúa non fará falta adquirir entrada previamente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará