Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Satisfacción e cautela na Anpas ante a “improvisación” da Consellería na implantación do Bacharelato de Artes

anpasradio

Malia estaren satisfeitos co feito de que finalmente o IES pedro Floriani vaia contar con estes estudos, lamentan o reducido período de inscrición do que dispoñen as familias interesadas –ata o vindeiro 9 de maio- para formalizar a súa matrícula. Critican as continuas contradicións en todo o proceso “mentres dende a Xefatura territorial de educación nos dicían que non se ía impartir Artes en Redondela, o PP saía na prensa anunciando a súa implantación”.

O presidente da Federación de Anpas, Francisco Alvarez, amosa a súa satisfacción “polo logro das Anpas e as familias” xa que ao seu entender foi a súa insistencia e mobilización o que fixo posible que finalmente, sempre e cando haxa demanda, se implante esta modalidade de artes (na vía de artes plásticas, imaxe e deseño).

Francisco Álvarez, presidente Federación Anpas

Entenden que malia todo hai moita “improvisación” en todo este proceso o que fai que a estas alturas os alumnos que tiñan interese en cursar esta modalidade non teñan moi claro como proceder. Neste sentido insisten en que ninguén os informou oficialmente e que todas as noticias ao respecto recibíronas a través da prensa.

Anxo Lusquiños, Anpa IES Mendiño

Entre as dúbidas que se lles presentan apuntan o feito de que a Consellería obriga a que o alumnado que solicitou praza noutros institutos terá que renunciar a ela se está interesado en realizar estes estudos en Redondela. Confían en que, tal e como se recolle nos medios, no caso de que eses alumnos non acaden praza no Pedro Floriani se lles manteña a solicitada inicialmente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará