Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos estrea a súa pista de padel cun partido entre o equipo de goberno e os presidentes dos clubs locais

padel pazos

O Concello de Pazos de Borbén vén de pór en funcionamento a súa nova pista de padel. Un recinto que estará dispoñible de forma totalmente gratuíta para os veciños cun horario ininterrompido de 9 a 21 horas. A nova pista contou cun orzamento de 30.000 euros que foron financiados a través dun acordo de colaboración coa Secretaría Xeral para ou Deporte.

Para a utilización da pista de pádel, deberase ir provisto de equipamento e calzado deportivo adecuado. Tanto as pas como as pelotas utilizadas, deberán ser as específicas para o deporte e estará prohibido o uso de calquera outro material deportivo, así como comer ou beber dentro da pista.

As reservas da pista serán por unha hora e media de tempo de xogo e, en caso de non asistir, perderase a reserva transcorridos 10 minutos. Para anotarse, será necesario facelo de forma presencial no Concello de Pazos de Borbén entre as 09:00 e as 14:00 horas e cunha antelación de 7 días como máximo. Unha vez formalizada a reserva, será necesario depositar unha fianza de 5 euros que se recuperará cando se devolva a chave nas oficinas municipais.

O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igrexas, inaugurou a nova pista acompañado dos presidentes dos clubs deportivos locais e destacou que con esta nova pista ?aumentamos a oferta deportiva municipal cunha nova disciplina que conta cunha gran masa social de deportistas e seguidores?, indicou Igrexas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará